Idioma: Castelán / Galego

Centro de Innovación e Servizos da Madeira

Proxecto E.M.E.T.-MADEIRA

E.M.E.T-MADEIRA. ESTUDO DE MELLORA NA EMBALAXE E TRANSPORTE EN EMPRESAS DO SECTOR DA MADEIRA

O presente proxecto xurde para dar resposta a unha necesidade de mellorar o sistema productivo das empresas da 2ª transformación do sector da madeira de Galicia pertencentes ao Cluster da Madeira de Galicia (CMA), en concreto dos subsectores de mobiliario de fogar, mobles de cociña e portas de madeira, que participan no proxecto a través do CMA. Nestas empresas a distribución do produto final ao cliente constitÚe unha etapa clave no ciclo de vida do produto, xaque logo é determinante a conformidade do cliente co produto recibido, tendo en conta que a responsabilidade do fabricante chega ate o consumidor final. Na actualidade, cerca da metade das reclamacións que os clientes efectúan ás empresas,débense ao estado defectuoso do produto como resultado da embalaxe, transporte ou/e manipulación incorrecta.

O proxecto busca o estudo de mellora nas técnicas de embalaxe e transporte dos produtos finais co fin de conseguir os avances tecnolóxicos necesarios para o desenvolvemento do sector da industria da madeira, un dos sectores mais relevantes de Galicia. Para isto analizaranse as distintas incidencias detectadas no produto final así como os tipos de embalaxes e procedementos utilizados en empresas da 2ª transformación do sector da madeira de Galicia, en concreto en 2 empresas de mobiliario de fogar, 2 empresas de mobles de cociña e 1 empresa de portas de madeira pertencentes ao Cluster da Madeira, mediante a toma de datos e incorporación de dispositivos de medición de condicións de movemento, temperatura e humidade no transporte; realizaranse ensaios e inspeccións para a comprobación das condicións de embalaxe empregadas polas empresas; estudiarase as posibles melloras das embalaxes e procedementos mediante a búsqueda de novos deseños de técnicas de embalaxe; validaranse os novos deseños mediante a realización dos ensaios e inspeccións executados para as embalaxes empregados polas empresas; porúltimo, redactarase un informe coas conclusións do proxecto e comunicarase ás empresas do Cluster.