Galego / Castellano / English

Centro de Innovación e Servizos da Madeira

Visión Artificial

DESENVOLVEMENTO DUN SISTEMA DE VISIÓN ARTIFICAL PARA A CLASIFICACIÓN DECORATIVA E ESTRUTURAL DE MADEIRA DE PIÑEIRO GALEGO (Pinus pinaster)

O peso económico que pode adquirir o sector de primeira transformación, depende en última instancia da existencia dunha industria competitiva que transforme as materias primas en produtos de demanda crecente e có maior valor engadido posible.  

A industria de serrado é o subsector que consume maior cantidade de madeira das cortas de Galicia. Os 2.95 millóns de metros cúbicos de madeira en rolla (con cortiza) que entraron nos serradoiros galegos en 2006 representan el 43% dototal.

Como produtos finais da 1ª transformación, en 2006 en Galicia se obtivieron 1.76 millones de metros cúbicos de madeira serrada (el 82% de coníferas), 2.05 millóns de metros cúbicos de taboleiros (el 53% de MDF) e 405.000 Tn de pasta de papel libre de cloro.

Durante moitos anos en España non existiu normativa relativa á clasifiación visual de madeira serrada de piñeiro pinaster. Isto favoreceu que se desenvolvesen en Galicia unhas regras de clasificación non normalizadas e que fan difícil homoxeneizar o produto entre os distintos fabricantes, así como poder satisfacer as necesidades dos clientes.

A entrada en vigor do Código Técnico da Edificación esixe que toda a madeira empregada con fins estruturais debe estar clasificada e normalizada de modo que se poida asignar unha clase resisitente, polo que se terán que cumprir as normas europeas existentes que estandarizan a clasificación visual de madeira serrada con fins non estruturais, UNE-EN 1611-1:2000.- Madera aserrada. Clasificación por el aspecto de la madera de coníferas. Parte 1: Piceas, abetos, pinos, abeto de Douglas y alerces europeos, e con fins estruturais UNE-EN 56.544:2003.- Clasificación visual de madera aserrada para uso estructural. Madera de coníferas. Nestes sistemas de clasificación teñense en conta a presencia e distribución das singularidades nas caras e cantos da madeira serrada, como son os nós, bolsas de resina, desviacións da fibra, presenza de ataques de fungos, etc.

Á vista das tendencias actuais é evidente que a sistematización de todo o proceso produtivo é fundamental para que o sector mellore na garantía de calidade ofertada na comercialización de táboas. Segundo un estudo realizado en Suecia [Grönlund 1995] a clasificación feita por parellas de operarios distintos observando as mesmas táboas coincidía só nun 60% dos casos e o error medio de clasificación dun operario era do 32%, deixando clara a alta subxectividade na gradación por inspección visual de táboas de madeira.

Por tanto, o obxectivo global do proxecto consiste no estudo e desenvolvememento dun sistema de visión artifical capaz de describir automáticamente os defectos estandarizados dunha táboa de madeira de piñeiro galego. O sistema ten que posibilitar a inspección de todas as táboas de piñeiro galego á velocidade da liña de produción e ser capaz de clasificar nun conxunto de calidades definibles polo usuario. Os defectos que se inspeccionarán serán: nós, bolsas de resina, coloracións fortes do corazón do tronco e azulado por fungo.