A cidade de Lugo acolleu os días 26, 27 e 28 de Marzo as xornadas que formaron parte da Semana Forestal, organizada pola Consellería de Medio Rural, a Diputación provincial, Foresgal e a Fundación Feiras e Exposicións. O CIS Madeira foi parte activa da “Xornada do Uso da Madeira no Rural”, na que participaron o seu Director e técnicos do centro.
Os relatorios encadráronse en mesas temáticas. Estas tiñan por título evolución do uso da madeira no medio rural, deseño construtivo en madeira, o papel da administración no fomento e aplicacións do uso da madeira. Logo dos relatorios, as mesas acolleron debates. Tanto os relatorios coma as conclusións das mesas pódense descargar nesta páxina.
|