Xornadas sobre Castiñeiro


A Consellería de Medio Rural conta co apoio do CIS Madeira para a organización das primeiras Xornadas Internacionais do Castiñeiro. Estas celébranse os días 22, 23 e 24 de Maio no Centro Tecnolóxico da Carne e da Calidade Alimentaria (CETECA), en San Cibrao das Viñas, Ourense.

Serán tres días nos que se abordarán o viveirismo e silvicultura, tecnoloxía da madeira, industrias de transformación e outros posibles aproveitamentos do souto para un maior desenvolvemento rural. Entre os poñentes, hai expertos de Francia, de Italia, de Portugal, da Universidade de Santiago de Compostela e do Centro de Investigacións Ambientais de Lourizán. Xosé Francisco Pedras, director do CIS Madeira, falará o Sábado 23 sobre a situación actual da madeira de Castiñeiro.

Ademais das charlas, o programa inclúe debates e visitas técnicas. As propias instalacións do CIS Madeira, situado enfronte do CETECA, acollerán as charlas sobre tecnoloxía da madeira. A inscrición é gratuíta e pode facerse a través da páxina web da Consellería de Medio Rural

http://mediorural.xunta.es/forestal/principal/index.php?id=688

Para máis información, pódese descargar o díptico e o programa aquí:

diptico das xornadas.pdf

programa das xornadas.pdf


(C) 2005 - Quedan todos os dereitos reservados

Imprimir esta páxina