Vostede está aquí: Proxectos
Volver a: Inicio
Xeral:
Información de Contacto
Edición
Mapa do sitio
PROXECTO DE APROVEITAMENTO DA BIOMASA FORESTAL NA CADEA MONTE INDUSTRIA DE GALICIA
Ver PDF descritivo do Proxecto [414 KB]
O proxecto de Aproveitamento da Biomasa Forestal na Cadea Monte-Industria de Galicia foi desenvolto entre os anos 2001 e 2003. Este proxecto foi coordinado polo CIS-Madeira coa colaboración de equipos técnicos pertencentes ás Universidades de Santiago e Vigo.
Ante a importancia que cobra no contexto actual o aproveitamento da biomasa, tanto como fonte enerxética de carácter renovable como dende o punto de vista da mellora do aproveitamento dos recursos forestais, comezou este proxecto coa finalidade de analizar a valoración dos residuos xerados polos aproveitamentos forestais e a industria de transformación da madeira de Galicia.
O proceso de execución planeouse en 3 fases: lanzamento, análise da situación actual, e desenvolvemento de accións.
A fase de lanzamento consistiu na realización dos traballos de documentación, necesarios para a elaboración do diagnóstico xeral, e a definición dos obxectivos xenéricos do proxecto.
A fase da análise da situación actual, permitiu configurar unha avaliación cuantitativa pormenorizada da xeración e utilización dos residuos e subprodutos xerados en torno ós aproveitamentos forestais e a industria de 1ª e 2ª transformación da madeira.
Por último, a fase de desenvolvemento de accións culminou o proceso, coa posta en marcha dos traballos necesarios para avaliar os distintos sistemas de recollida e tratamento, caracterizar os materiais, e estudar a viabilidade dende o punto de vista técnico e económico de diferentes posibilidades de utilización. Asemade, se incluíu nesta fase un estudio do impacto ambiental xerado pola recollida dos restos de corta, considerando fundamentalmente a estabilidade do balance de nutrientes e os procesos erosivos do solo.
O proxecto foi financiado parcialmente polo Ministerio de Ciencia y Tecnología dentro do Programa de Fomento de la Investigación Técnica (PROFIT).