Galego / Castellano / English

Vostede está aquí: Novas
Volver a: Inicio
Xeral: Información de Contacto Edición Mapa do sitio

Buscar:

Madeira Verde

Madeira Verde

Hai solucións que nos fan gañar o máximo tempo posible. A madeira verde evita os habituais tempos de secado unha vez cortada a árbore, pasando directamente do bosque á industria. En torno a este material e as súas aplicacións na construción versa un seminario que ten lugar o 10 de setembro en Chippenham, Inglaterra. Esta xornada está organizada por TRADA, asociación inglesa de investigación e desenvolvemento da madeira.

É esta unha madeira que ademais de contar coa vantaxe da rapidez presenta a característica de ser máis doado o seu serrado e transformación. O obxectivo deste seminario é explicar como deseñar eficientemente e a un custo razoable construcións usando vigas e postes desta madeira verde procedente de carballo. Tratará tamén aspectos coma as unións, conexións e como transformar axeitadamente este material.

En Inglaterra emprégase sobre todo a madeira verde procedente de carballo. As publicacións e estudos de TRADA dedícanse, de feito, á madeira desta árbore. O CIS Madeira envía a dous técnicos a esta xornada co fin de aplicar os datos existentes sobre o carballo a outras especies máis abundantes en Galicia, coma o castiñeiro.

Ir a: Congreso de Innovación Forestal Colaborar para innovar