É un organismo público, o servizo da industria da madeira de Galicia, que a través das súas actividades pretende contribuir a mellorar a posición competitiva das empresas, propiciando un aproveitamento óptimo do recurso forestal, e unha maior aplicación e calidade dos seus produtos derivados.
O Centro créase no ano 1996 como unha unidade dependente do Instituto Galego de Promoción Económica (IGAPE). En 1998 é transferido á Consellería de Innovación, Industria e Comercio da Xunta de Galicia, enmarcándose dentro da Fundación para o Fomento da Calidade Industrial e o Desenvolvemento Tecnolóxico de Galicia.
Se non se visualiza axeitadamento, ou tarda, pode descargalo facendo clic co boton dereito do rato no vínculo e seleccionar "guardar destino como" para visualizalo máis tarde.
Video Institucional [7.208 KB]



