Idioma: Castelán / Galego

Centro de Innovación e Servizos da Madeira

Novas

Unidade Investigación en Madeira na Construcción - O acondicionamento dun local no Campus Universitario de A Coruña servirá coma sede para a futura Unidade de Investigación en Madeira na Construción. Esta xorde dun convenio entre a Consellería de Innovación e Industria e a Universidade de A Coruña, e conta co beneplácito do Consello da Xunta, que xa aprobou unha partida de 300.000 euros para a construción destas novas dependencias.

Axudas á instalación de fiestras de madeira - A Consellería de Innovación e Industria pon en marcha o primeiro Plan Renove de Fiestras, que está destinado á rehabilitación da envolvente térmica das edificacións.

Curso de CADWORK - Seguindo cos seus obxectivos formativos, o CIS Madeira acolleu durante os días 9, 10 e 11 de Decembro un curso sobre o programa Cadwork.

Ecoinnovación - A importancia do factor ambiental no desenvolvemento sustentable é o punto de partida do novo Proxecto de Ecoinnovación, que foi presentado nunha Xornada Técnica no CIS Madeira.

Presentación da Semana da Ciencia - A celebración da Semana da Ciencia en Ourense contará co apoio do CIS Madeira. O día 13 de Novembro, o Director Xeral de I+D+i, Salustiano Mato, fixo referencia no acto de presentación ao obradoiro/exposición "Ciencia da Madeira", organizado polo CIS Madeira.

Curso Construcción en Madeira 2008 - A Consellería de Vivenda e Solo en colaboración ca Fundación para o Fomento da Calidade Industrial e Desenvolvemento Tecnolóxico de Galicia, CIS-Madeira, organizan o curso "Construcción en Madeira 2008: Técnicas de inspección e intervención en edificios antigos con estrutura de madeira".

Novo curso da PTGM - No marco da "Plataforma Tecnolóxica Galega da Madeira", o CIS-Madeira organiza unha acción formativa acerca da Viabilidade e Xestión da incertidumbre nos Proxectos.

Innovación para os secadoiros de madeira - O 28 de Outubro na Casa do Concello de Oza dos Ríos, celebrarase unha xornada sobre "Comprobación das sondas de temperatura dos secadoiros de madeira".

O Foro da Madeira intensifica as súas actividades - A nova edición do Curso de Construción en Madeira foi inaugurada pola Directora Xeral de Vivenda, Encarna Otero, e o Director do CIS Madeira, Francisco Pedras, na Escola Galega de Administración Pública. Remarcase así a colaboración entre a Consellería de Vivenda e o CIS Madeira, organizadores do curso, coma partes integrantes do Foro da Madeira.

Na procura do incremento do uso da madeira - Un grave problema para o emprego da madeira coma material construtivo reside no gran descoñecemento que hai sobre as súas propiedades. Coa finalidade de promocionar o seu uso na construción, o 23 de outubro iníciase en Santiago de Compostela o Curso de Construción en Madeira 2008. Está organizado pola Consellería de Vivenda e Solo en colaboración co CIS Madeira e esta é a súa segunda edición.

Nova actividade de formación - curso de posgrao de Deseño e Cálculo de Estruturas de Madeira da Universidade de Santiago de Compostela

Curso construción en madeira 2008: - Cálculo de estruturas - Pechado o plazo de inscrición ao curso

Seminario sobre técnicas non destrutivas - O CIS Madeira patrocina o Seminario "Técnicas no destructivas para el diagnóstico de la madera estructural. Nuevas aplicaciones en rehabilitación y restauración". Este Seminario celébrase do 1 ao 3 de outubro en Cuenca e está organizado pola Universidad Internacional Menéndez Pelayo.

A innovación presente na Feira do Moble - A aplicación de novas ideas é un dos desafíos que afronta a industria galega do moble para acadar maior competitividade. A Feira do Moble de Galicia, que se celebra do 6 ao 14 de Setembro en A Estrada, pretende dar pulo á innovación como garante dunha productividade máis óptima.

Convocatoria de Prazas mes de Agosto - Publicadas as bases das convocatorias dos programas "ISABEL BARRETO" e "LUCAS LABRADA"

Presentación da Guía da Madeira Estrutural - A posta en marcha do Foro da Madeira serviu para presentar a Guía da Madeira Estrutural. Esta é unha publicación editada polo CIS Madeira en colaboración coa Consellería de Vivenda e Solo.

Nace o Foro da Madeira - Anxo Quintana presidiu o 16 de Xullo a sinatura da constitución do Foro da Madeira en Santiago de Compostela. O Foro está integrado polas Consellerías de Vivenda e Solo, Medio Rural, e Innovación e Industria, representando ao Goberno Galego, e polo Clúster da Madeira, Fearmaga, Asociación Galega Monte-Industria e Feceg, representando as empresas e agrupacións do sector.

Tecnoloxía da Madeira. Industria de Transformación - "I Xornadas Innternacionais sobre o Castiñeiro". O CIS-Madeiras pon a disposición dos seus visitantes unha páxina sobre a xornada no CIS.

Propostas de acción para a madeira de castiñeiro - As instaslacións do CIS-Madeira acollen os relatorios sobre Tecnoloxía da Madeira dentro das I Xornadas Innternacionais sobre o Castiñeiro.

Xornadas sobre Castiñeiro - A Consellería de Medio Rural conta co apoio do CIS Madeira para a organización das primeiras Xornadas Internacionais do Castiñeiro. Estas celébranse os días 22, 23 e 24 de Maio no Centro Tecnolóxico da Carne e da Calidade Alimentaria (CETECA), en San Cibrao das Viñas, Ourense.

Convocatoria de Prazas - Publicadas as listas de seleccionados e suplentes. Data publicación: 13.05.08

Reunión do comité executivo da PTGM - A Plataforma Tecnolóxica da Madeira está seguindo a folla de ruta prevista para a presentación de proxectos innovadores susceptibles de subvencións da Unión Europea.

Presentación do proxecto "Quality Wood" - O Centro de Innovación e Servizos Tecnolóxicos da Madeira de Galicia (CIS Madeira) presentou o proxecto europeo Quality Wood o pasado sábado 29 de marzo dentro da programación da feira Foresgal, que tivo lugar no Pazo de Feiras e Congresos da cidade de Lugo, contando coa participación de destacados expertos.

Curso Construcción en Madeira 2007 - O CIS-Madeira pon a disposición dos seus visitantes a documentación do curso "Construcción en Madeira 2007", curso celebrado en Santiago a finais do ano 2007.

Trazados os camiños da PTGM - Os grupos de traballo da Plataforma Tecnolóxica Galega da Madeira abordaron os posíbeis proxectos de innovación que marcarán a súa axenda nos próximos meses. O 26, 27 e 28 de Febreiro, reuníronse cada un dos subsectores da madeira no hotel Puerta del Camino, en Santiago de Compostela. O plantexamento de problemas comúns e proxectos innovadores nos que traballar xuntos foi o obxectivo destas reunións.

Primeiras accións da Plataforma da Madeira - Un acto en Santiago de Compostela o 6 de Febreiro serviu para presentar o Plan de Traballo da Plataforma Tecnolóxica da Madeira. As empresas do sector e o CIS Madeira, no seu papel de secretaría técnica da Plataforma, contaron coa presenza da Asesoría Zabala para falar sobre os pasos iniciais concretos que vai dar a Plataforma.

Xornada: Fomento tecnolóxico e da Innovación - O 6 de Febreiro terá lugar unha xornada para presentar o plan de actuación da Consellería de Innovación e Industria e o Centro para el Desarrollo Tecnológico Industrial (CDTI).

Introducción á Vixilancia Tecnolóxica - A Plataforma Tecnolóxica da Madeira organizou unha nova xornada sobre Vixilancia Tecnolóxica na tarde do 16 de Xaneiro en Santiago de Compostela.

Xornada: Perspectivas da biomasa en Galicia - O CIS Madeira estará presente na "Xornada sobre a situación e perspectivas da Biomasa coma produtora de enerxía en Galicia", no hotel Porta do Camiño en Santiago de Compostela o mércores 23 de xaneiro.

Vixilancia Tecnolóxica - A Plataforma Tecnóloxica Galega da Madeira organiza un curso especializado sobre vixilancia tecnolóxica (14 horas). Este curso, dirixido a persoal técnico das empresas do sector, ofrecerá unha formación práctica na aplicación de metodoloxías para o desenvolvemento de tarefas de vixilancia tecnolóxica e intelixencia competitiva.

Plataforma Tecnolóxica Galega da Madeira - Adxudicación do Concurso para a contratación da prestación de servizos de apoio á Secretaría Técnica da Plataforma Tecnolóxica Galega da Madeira.

A Plataforma Tecnolóxica comeza a súa andaina - Os primeiros pasos da Plataforma Tecnolóxica Galega da Madeira, tiveron lugar o 15 de novembro en Santiago de Compostela. O Director Xeral de I+D+i, Salustiano Mato, o Director Xeral de Montes e Industrias Forestais, Alberte Branco, e o Presidente do Clúster da Madeira, José Blanco, fixeron a súa presentación.

Presentación da PTGM - O Conselleiro de Innovación e Industria, Fernando Xabier Blanco Álvarez, fará a presentación pública da Plataforma Tecnolóxica Galega da Madeira o xoves, día 15 de novembro, ás 12:00 horas, en Santiago de Compostela.

"Provocación Construtiva" aterra en Vigo - O día 7 de Novembro terá lugar a inauguración da exposición "Provocación Construtiva. Arquitectura Contemporánea en Vorarlberg". A mostra, permanecerá en Vigo ata o 27 de Novembro. Tras percorrer Santiago e A Coruña, remata na cidade olívica o seu ciclo galego.

Eucalipto. Aplicacións da Madeira - No marco dun convenio de colaboración co Cluster da Madeira de Galicia, o CIS-Madeira acaba de publicar o catálogo "Eucalipto: Aplicacións da madeira". Esta publicación recolle unha selección de obras recentes elaboradas con madeira de eucalipto.

Ciclo de conferencias: - A Coruña acolle dende hoxe e ata o 18 de outubro o ciclo de conferencias "Nova Arquitectura e Deseño Sustentable en Voralrlberg". A iniciativa parte dunha aposta de tres consellerías polo coñecemento e emprego da madeira na construción: as consellerías de Vivenda e Solo, Medio Rural e Innovación e Industria.

O Cis Madeira asina un convenio coa USC - O CIS Madeira únese a outras dez entidades e empresas na sinatura dun convenio de colaboración co curso de posgrao de Enerxías Renovables e Sustentabilidade Enerxética, da Universidade de Santiago.

"Provocación Construtiva" - Dende o 20 de Setembro, e ata o 30 de Outubro de 2007, a Escola Técnica Superior de Arquitectura de Coruña (ETSAC) acolle a exposición "Provocación Construtiva". Esta mostra é promovida polo CIS Madeira e as Consellerías de Vivenda e Solo e Medio Rural. Supón unha achega ao traballo dos máis punteiros arquitectos da rexión de Vorarlberg, en Austria.

Curso de Construción en Madeira - A Fundación para o Fomento da Calidade Industrial e o Desenvolvemento Tecnolóxico de Galicia e o CIS Madeira, coa colaboración da Consellería de Vivenda e Solo, organizan o curso Construción en Madeira 2007.

Plataforma Tecnolóxica Galega da Madeira - Concurso para a contratación da prestación de servizos de apoio á Secretaría Técnica da Plataforma Tecnolóxica Galega da Madeira.

Reforzo do papel do CIS-Madeira - Industria, Medio Rural e Vivenda reforzan o papel do CIS-Madeira

Concurso para incentivar o uso da madeira - O Cluster da Madeira de Galicia convoca un concurso para incentivar e difundir o uso intensivo da madera e os seus materiais derivados

Proxecto ATLANWOOD - Xornada de Presentación do proxecto 'Cooperación Técnica para o desenvolvemento das Aplicacións Industriais da Madeira de Piñeiro Pinaster (ATLANWOOD)'. Subidos os Relatorios 19/01/2007