Idioma: Castelán / Galego

Centro de Innovación e Servizos da Madeira

Proxecto LEADERA

O proxecto europeo LEADERA, no que participa como socio a Dirección Xeral de I+D+i, da Consellería de Economía e Industria, é un proxecto ERANET onde participan diferentes rexións europeas
coa finalidade de deseñar unha convocatoria de axudas trans-rexional da que poidan beneficiarse os diferentes axentes galegos de I+D (empresas, universidades, centros tecnolóxicos, etc.) vinculados ás temáticas definidas pola UE dentro da iniciativa Lead Markets:

  • Saúde electrónica (E-health)
  • Tecidos protectores
  • Construción Sostible
  • Reciclaxe
  • Bio-Productos (non inclúe nin alimentación, papel, madeira nin biomasa)
  • Enerxías renovables

Ese proxecto abriu a súa primeira convocatoria de axudas o día 15 de febreiro e os solicitantes terán ata o 15 de abril para presentar as súas propostas. Toda a información sobre o proxecto, convocatoria e a solicitude electrónica atópase na web do proxecto (www.leadera.net).

Para poder participar nesta convocatoria é preciso un mínimo de dous socios industriais de dous países diferentes entre as rexións participantes. Co obxectivo de axudarvos coa busca de socios, habilitouse, a través da web do proxecto, un espazo para compartir información sobre as entidades interesadas. Ademais, a través das administracións e axencias financiadoras, enviarase información sobre as buscas activas en cada momento.

Para recibir mais información:
Teléfono: 981 543 998
Email: dxidi@xunta.es

Descargas asociadas

Leaflet_1_print.pdf [3.340 KB]  
Leaflet_2_print.pdf [3.418 KB]