Idioma: Castelán / Galego

Centro de Innovación e Servizos da Madeira

Fomento da participación en programas de I+D

Logo da finalización dunha primeira iniciativa de fomento da participación de empresas do sector da madeira de Galicia en proxectos de I+D de ámbito nacional e internacional (na que se obtivo un financiamento total equivalente a 4,7 millóns de euros) empréndese unha segunda iniciativa, co fin de apoiar novos proxectos e difundir información sobre as novas modalidades de axudas do Fondo Tecnolóxico.

 

Beneficios

  • Oportunidade para coñecer o marco de axudas para as actividades de I+D empresariais.
  • Oportunidade para contar cun servizo gratuito de apoio á detección e presentación de proxectos de I+D.

Proxectos que contempla esta acción

  • Individuais: se participa unha única empresa. Poden contar, como subcontratados, coa colaboración dun centro tecnolóxico ou universidade.
  • Cooperativos: se a responsabilidade de consecución dos obxetivos se reparte entre varias empresas. Poden ser Nacionais ou Internacionais.

Instrumentos financeiros

  • Axudas do CDTI a proxectos empresariais de I+D nacionais e internacionais: O instrumento financeiro de apoio ao proxecto será unha Axuda Parcialmente Reembolsable, por un importe máximo do 75% do orzamento total aprobado, e unha parte non reembolsable comprendida entre o 15% e o 33% da axuda obtida.
  • Proxectos Cooperativos Inter-empresas: Nova modalidade de proxecto cooperativo do Fondo Tecnolóxico, que require un consorcio mínimo de dúas empresas (unha de elas PEME) e un orzamento total superior a 500.000 euros. A duración do proxecto pode situarse entre 1 e 3 anos.

Información e/ou solicitude de visita individual

Centro de Innovación e Servizos Tecnolóxicos da Madeira de Galicia

Contacto:
Rosario Castilla
E-mail: info@cismadeira.com Tel.: 988 36 81 52

Zabala Innovation Consulting

Contacto oficina central:
José Alberto de la Parte
E-mail: jdelaparte@zabala.esTel.: 948 198000

Contacto oficina Santiago:
Pablo Gómez
E-mail: pgomez@zabala.es Tel. 981 595454