Galego / Castellano / English

Centro de Innovación e Servizos da Madeira

Iniciativa "Contract"

Iniciativa de fomento do "Contract"

Do 22 ao 26 de febreiro de 2010

O término "Contract" fai referencia ao equipamento de mobiliario, interiorismo e decoración de establecementos de uso colectivo (hostalería, instalacións públicas, etc.). Esta canle de comercialización representa unha oportunidade de negocio alternativa, ou complementaria, ao mercado do moble de fogar para uso doméstico.

 

O "Contract" require a integración de produtos e servizos diversos (mobiliario, téxtiles, iluminación, deseño e instalación de solucións específicas, etc.) que deben proporcionar, de xeito coordinado, as especificacións requiridas polo cliente. Neste sentido, xunto aos compoñentes de funcionalidade e estética dos produtos, é importante acadar niveis axeitados de exclusividade, servizo, calidade e seguridade.

Co fin de alcanzar un mellor coñecemento e aproveitamento das oportunidades que ofrece a canle de comercialización "Contract" en Galicia, entre os días 22 e 26 de febreiro de 2010, levaranse a cabo unha serie de reunións con aquelas empresas que desexen introducirse ou consolidarse neste mercado. As sesións de traballo contarán coa participación de D. David Cámara (Secretario Xeral da "Asociación Empresarial del Hábitat, su Internacionalización y el Contract - UNEX") e D. Manuel Carrillo (Director da delegación en Madrid do "Instituto Tecnológico del Mueble Embalaje y Afines - AIDIMA").

Dirixido a  Empresas de carpintaría e moble interesadas no mercado "Contract".  
Lugar  As sesións de traballo realizanse nas sedes das empresas participantes. 
Cota de inscrición:   150 € 
Data límite de inscrición:   12 de Febreiro. 
Máis información e inscrición  Consultar folleto [330 KB]  

Organiza

Colaboran