Galego / Castellano / English

Centro de Innovación e Servizos da Madeira

Innovación para os secadoiros de madeira

A adaptación ás novas normativas representa un desafío constante para a Industria galega. A colaboración entre a Federación de Serradoiros e Rematantes de Galicia (FEARMAGA) co CIS Madeira e o Laboratorio Oficial de Metroloxía de Galicia (LOMG) xorde para a verificación do cumprimento da Norma Internacional para as Medidas Fitosanitarias (NIMF 15). Con este fin, organízase o 28 de Outubro na Casa do Concello de Oza dos Ríos, unha xornada sobre “Comprobación das sondas de temperatura dos secadoiros de madeira”.

É unha unión de esforzos entre dous Centros Tecnolóxicos pertencentes á Consellería de Innovación e Industria xunto coa federación de empresas dun sector da industria forestal específico, coma é o dos serradoiros e rematantes. É, pois, un exemplo dunha política que vertebra ás administracións co sector empresarial, solución real a moitos dos problemas que poden presentárselle á iniciativa privada.

A xornada será inaugurada coa polo Director do LOMG, Antonio Lorenzo González, e o do CIS Madeira, Xosé Francisco Pedras. As charlas da mañá serán impartidas por técnicos de ámbolos dous Centros. Pola tarde terá lugar unha demostración práctica nos secadoiros de Madeiras Hermanos García Rocha.

A NIMF 15 demarca as condicións de tratamento térmico e os procedementos de medida necesarios para a calidade que a madeira destinada a embalaxes debe cumprir.

Esta Xornada é o punto de partida para un proxecto conxunto entre as tres partes xa citadas para modernizar o proceso de secado conforme á nova normativa vixente.