Idioma: Castelán / Galego

Centro de Innovación e Servizos da Madeira

O Foro da Madeira intensifica as súas actividades

A nova edición do Curso de Construción en Madeira foi inaugurada pola Directora Xeral de Vivenda, Encarna Otero, e o Director do CIS Madeira, Francisco Pedras, na Escola Galega de Administración Pública. Remarcase así a colaboración entre a Consellería de Vivenda e o CIS Madeira, organizadores do curso, coma partes integrantes do Foro da Madeira.

 

Encarna Otero fixo unha reivindicación da rehabilitación coma unha actividade con futuro, e subliñou que as actividades formativas impulsan mellores profesionais, e no eido da madeira faise especialmente necesario. Resaltou tamén o papel do CIS Madeira coma “aglutinante dos esforzos públicos e privados para camiñar xuntos no camiño cara un maior e mellor emprego e coñecemento da nosa madeira”.

 

A continuación, Francisco Pedras, falou sobre a madeira coma material innovador na charla inaugural do curso. Puxo sobre a mesa, entre outros aspectos, as virtudes ecolóxicas da madeira, fronte a outros materiais, coma o aluminio, que son “enerxía eléctrica solidificada”, aludindo así ao despilfarro enerxético que supón empregalos.

 

Azahara Soilán, Técnica do CIS Madeira, e Manuel Guaita, Catedrático da Escola Politécnica Superior de Lugo, foron os poñentes que desenvolveron os temas específicos de características e cálculo da madeira. O curso prosegue a súa actividade os días 27 e 28 de Novembro.