Guía da Madeira Estrutural
A posta en marcha do Foro da Madeira serviu para presentar a Guía da Madeira Estrutural. Esta é unha publicación editada polo CIS Madeira en colaboración coa Consellería de Vivenda e Solo. A Guía da Madeira Estrutural forma parte do obxectivo do Foro da Madeira de mellorar a capacitación técnica arredor da madeira coma material de calidade.
A Guía da Madeira Estrutural é un documento elaborado por técnicos do CIS Madeira que inclúe os fundamentos de clasificación visual da madeira serrada para uso estrutural, a asignación de clases resistentes, a madeira laminada coma material estrutural, factores que inflúen no cálculo con madeira, exemplos prácticos de cálculo, así coma aspectos relativos á resistencia ou a recepción en obra da madeira estrutural, entre outros.
Descarga
| Ficheiro | Formato | Instruccións de descarga |
| Guia da Madeira Estrutural [2.831 KB] | Comprimido en ZIP | Descargar o ficheiro a disco, descomprimilo e executar gme.exe |





