A Plataforma Tecnóloxica Galega da Madeira organiza un curso especializado sobre vixilancia tecnolóxica (14 horas). Este curso, dirixido a persoal técnico das empresas do sector, ofrecerá unha formación práctica na aplicación de metodoloxías para o desenvolvemento de tarefas de vixilancia tecnolóxica e intelixencia competitiva.
O curso celebrárase nas instalacións do CIS-Madeira os vindeiros 19 e 20 de decembro.
Descarga do Programa do Curso [572 KB]
Obxectivos
- Proporcionar un coñecemento xeral sobre as ferramentas e técnicas existentes.
- Formación no desenvolvemento de tarefas de vixilancia tecnolóxica e intelixencia competitiva.





