Idioma: Castelán / Galego

Centro de Innovación e Servizos da Madeira

Produtos de madeira ecolóxicos

Dentro do proxecto de Ecoinnovación, O CIS Madeira iniciou as visitas ás cinco empresas que se acollen a esta posibilidade de incorporar o criterio ambiental nos seus procesos produtivos.

As cinco empresas pertencen aos sectores do mobiliario de cociña, mobiliario exterior, construción en madeira, mobiliario de fogar e ebanistería. As visitas supuxeron a toma inicial de datos que permitan a análise do ciclo de vida. Nas próximas datas, continuará este proceso recopilatorio de datos.

Aproveitouse para realizar outro dos aspectos iniciais do proxecto, a valoración estratéxica ambiental. Esta serve para coñecer a percepción ambiental que ten un produto rematado, permitindo coñecer se ao público non afeito coida que é un produto máis ou menos contaminante no seu proceso de fabricación.

Tanto a análise do ciclo de vida coma a valoración estratéxica ambiental son dous pasos previos imprescindibles para a elaboración dun informe de propostas de ecodeseño. Este informe marcará a cada empresa as liñas a seguir no seu obxectivo de obter produtos de calidade que respecten o medio ambiente na súa elaboración.