O Foro da Madeira deu a coñecer os premiados nas catro categorías correspondentes do concurso de proxectos para fomentar e potenciar o uso da madeira na construción e no mobiliario en espazos públicos. A xuntanza para elaborar o fallo, tivo coma escenario o CIS Madeira, o día 9 de Xaneiro de 2009.
O xurado estivo composto por catro presidentes: María José Paniagua Mateos, Xefa de Servizo de Calidade na Edificación da Consellería de Vivenda e Solo; Francisco Pedras Saavedra, director do CIS Madeira; Xoán Miguel Concheiro Aval, Xefe de Servizo de. Planificación e Valorización do Monte da Dirección Xeral de Montes e Industrias Forestais da Consellería de Medio Rural; e José Blanco Fernández, Presidente do Clúster da Madeira.
Actuaron coma vogais: Eva Reza Paz, Arquitecta designada pola Consellería de Vivenda e Solo; Ramón Mariño Allegue; Técnico designado pola Consellería de Medio Rural; Alfredo González Cascallana, Arquitecto en representación do Colexio de Arquitectos de Galicia; María Carreiro Otero, Arquitecta en representación da FEGAM; e Jesús Irisarri Castro, Arquitecto designado polos concursantes. Manuel Gallego Jorreto asistiu e participou con voz pero sen voto por non poder garantir a súa presenza durante todo o proceso de valoración.
Todos os membros valoraron os distintos proxectos en función das súas medidas medioambientais, a calidade técnica, a funcionalidade, a calidade estética e a adecuación ao contorno.









