Seguindo cos seus obxectivos formativos, o CIS Madeira acolleu durante os días 9, 10 e 11 de Decembro un curso sobre o programa Cadwork. A finalidade do mesmo é que, ao seu remate, os participantes sexan autónomos no manexo dunha ferramenta fundamental no deseño de estruturas de madeira.
Os diferentes módulos nos que se dividiu o curso, contiñan aspectos relacionados co deseño en 3D de estruturas de madeira, elaboración de listas de materiais e de optimización de recursos, realización de planos peza a peza e de conxunto, e a presentación dos proxectos mediante imaxes e fotomontaxes.
O curso foi impartido por Xurxo Ojea, representante de Cadwork Ibérica e nel participaron profesionais de diferentes empresas do sector madeireiro.






