Idioma: Castelán / Galego

Centro de Innovación e Servizos da Madeira

Presentación da Semana da Ciencia

A celebración da Semana da Ciencia en Ourense contará co apoio do CIS Madeira. O día 13 de Novembro, o Director Xeral de I+D+i, Salustiano Mato, fixo referencia no acto de presentación ao obradoiro/exposición “Ciencia da Madeira”, organizado polo CIS Madeira.

Esta actividade comezará o martes 18 de Novembro e prolongarase ata o día 22. Consiste nun achegamento para xoves e rapaces á cultura da madeira, con carácter de divulgación científica. As Galerías comerciais Sol de Ourense acollen o evento, coma xeito de aproximación aos cidadáns de Ourense. É tamén unha oportunidade de achegamento da cidade á Tecnópole, cabeza do eixo de parques tecnolóxicos galegos e onde ten a súa sede o CIS Madeira.

Trátase de intensificar a curiosidade dos rapaces polas particularidades da madeira e contará con paneis e obradoiros atendidos por monitores. Unha actividade por un lado entretida e por outro didáctica que se enmarca dentro da Semana da Ciencia, un evento a nivel europeo de divulgación científica.