A Consellería de Vivenda e Solo en colaboración ca Fundación para o Fomento da Calidade Industrial e Desenvolvemento Tecnolóxico de Galicia, CIS-Madeira, organizan o curso "Construcción en Madeira 2008: Técnicas de inspección e intervención en edificios antigos con estrutura de madeira".
O curso celebrarase no Edificio Fundación ONCE (A Coruña) os días 27, 28 e 29 de novembro.
O número de prazas está limitado a 60 que serán adxudicadas por orde de inscrición.
O prazo de inscrición finaliza o día 25 de novembro de 2008. O prezo da inscrición é de 30 euros. Deberá enviarse en primeiro lugar a solicitude, e unha vez que lle sexa confirmada a súa praza, deberá enviarse o xustificante de pago para a inscrición definitiva á seguinte dirección: maria.consuelo.bao.sueiras@xunta.es ou ben a través de fax: 981.54.16.00.
Os datos da conta bancaria indícanse no boletín de inscrición.
Descargas
| Documento | Formato |
| Programa | PDF [115 KB] |
| Boletín de inscrición | DOC [44 KB] |



