A Federación de Empresas de Carpintaría e Ebanistaría (FECEG), a Asociación Empresarial do Hábitat, a súa Internacionalización e o Contract (UNEX), e o Centro de Innovación e Servizos Tecnolóxicos da Madeira (CIS-Madera), organizan a Semana Internacional do CONTRACT, que se celebrará do 26 ao 30 de setembro en Galicia co obxectivo de promover un espazo de colaboración entre a industria (produtos e servizos destinados ao equipamento de hoteis e demais instalacións de uso colectivo) e os demais axentes da cadea de valor do CONTRACT (prescriptores, operadores hoteleiros, hostaleiros...).
Integrada nas accións da Semana Internacional do CONTRACT organízase a MISIÓN COMERCIAL INVERSA DE PRESCRIPTORES CONTRACT. Esta iniciativa pretende contribuír ao establecemento de redes internacionais de negocio para o desenvolvemento e execución de proxectos en orixe e en países de destino.
Data límite de inscrición: 15/09/11
Descarga a FICHA DE INSCRICIÓN [279 KB]
Programa SEMANA INTERNACIONAL CONTRACT
Luns 26/09/2011
Evento inaugural da Semana Internacional do CONTRACT coa participación dos prescritores internacionais e nacionais invitados, xunto con empresas de sectores afíns ao hábitat e ao Contract (madeira e moble, pedra natural, revestimentos, iluminación, téxtil-fogar, descanso, artesanía, servizos, arquitectura, interiorismo, enxeñaría, etc.) e responsables de establecementos hoteleiros ou outros espazos de uso colectivo.
Entrevistas individuais, previamente concertadas, entre os prescritores e as empresas galegas participantes.
Reunións de grupo de traballo, sobre temáticas de interese específicas.
Lugar: AC Hotel Vila de Allariz
Martes 27/09/2011
Entrevistas individuais, previamente concertadas, entre os prescritores e as empresas galegas participantes.
Reunións de grupo de traballo, sobre temáticas de interese específicas.
Lugar: Centro de Innovación e Servizos Tecnolóxicos da Madeira de Galicia, CIS-Madeira.
Mércores 28, Xoves 29 e Venres 30/09/2011
Visita in situ empresas do sector da Madeira e o Moble.
Lugar: Sede das empresas.
AVANCE MISIÓN COMERCIAL INVERSA DE PRESCRITORES
Na Misión Comercial Inversa formulada, invitouse a prescritores internacionais de referencia, xunto con prescritores nacionais con presenza internacional. Os prescritores internacionais proceden maioritariamente de Iberoamérica e están vinculados ao sector hoteleiro. Segundo a Organización Mundial de Turismo (OMT) esta rexión conta co 13% da capacidade hoteleira mundial e no ano 2009 captou un 14% do turismo mundial, xerando uns ingresos de 104.000 millóns de dólares. Así mesmo, Latinoamérica figura entre as metas turísticas con maior crecemento para 2011, xunto con Asia e África.
ASISTENTES CONFIRMADOS
| Prescritores internacionales ya confirmados | Prescritores nacionales ya confirmados |
| Adriana Hoyos (www.adrianahoyos.com) | Carmen Hidalgo (www.globalarch.eu) |
| Alfonso Pinzón (www.plasoc.com) | Christian Guarin (www.ka-international.com) |
| Carlos Tello (www.kmdarchitects.com) | Diego Rodríguez (www.conceptodr.com) |
| Jorge Arditti (www.ardittiarquitectos.com) | Jose Plaza (www.requenayplaza.com) |
| Nini Andrade (www.niniandradesilva.com) | Manuel Torres (www.mtorres-ai.com) |
| Rebeca Perez (www.interiorismo.com.mx) | Paolo Mauri (www.grupoplan.es) |
| Sergio Escarfullery (www.escarfullery.com) | Pablo García (www.tattoocontract.com) |
| Comisario da Semana Internacional do CONTRACT |
| David Cámara Navarro, Secretario general UNEX |





