O CIS-Madeira ofrece unha ampla gama de servizos de asistencia técnica, orientados basicamente ó control da calidade de materiais e produtos, a reenxeñería de procesos, e o asesoramento sobre a construción en madeira.
Algúns exemplos [632 KB]
Servizos de ensaio ofrecidos polo CIS-Madeira
- Identificación de madeiras.
- Identificación de ataques xilófagos e diagnose de estruturas e elementos de madeira.
- Determinación das características dos distintos tipos de taboleiro.
- Ensaios físicos: humidade, dureza, densidade, etc.
- Ensaios mecánicos: resistencia á flexión, tracción e compresión, flexión dinámica e estática, etc.
- Ensaios químicos: emisión de formaldehido, composición química da madeira, análise de colas e vernices, etc.
- Ensaios de portas e ventás, chans de madeira, mobles de cociña e mobles en xeral.
- Servizos de inspección e ensaio.





