Xurado

COMPOSICIÓN:


Presidentes

Directora Xeral de Fomento e Calidade da Vivienda ou persoa en quen delegue.
Director Xeral de Investigación, Desenvolvemento e Innovación ou persoa en quen delegue.
Director Xeral de Montes e Industrias Forestais ou persoa en quen delegue.
Un representante do sector privado do Foro ou persoa en quen delegue.

Vogais

Un arquitecto designado pola Consellería de Vivenda e Solo da Xunta de Galicia.
Un arquitecto designado en representación da Consellería de Innovación e Industria da Xunta de Galicia.
Un técnico designado pola Consellería de Medio Rural da Xunta de Galicia.
Un deseñador de renome invitado polo sector privado do foro da madeira.
Director do CIS-MADEIRA ou persoa en quen delegue.
Un arquitecto en representación do COAG.
Un arquitecto en representación da FEGAM.
Un arquitecto designado polos concursantes.

Secretario (con voz pero sen voto)

Un representante do CIS-Madeira

O xurado está validamente constituído cando asistan o presidente, o secretario e polo menos a metade dos vogais.


FUNCIÓNS:

O Xurado procederá á análise de toda a documentación referente ao tema do concurso, a cal quedará permanentemente á súa disposición. Posteriormente comezará a análise das propostas. No caso de que se solicitasen os asesoramentos que se cresen oportunos, chegaranse Actas de Informes.


CONSTITUCIÓN DE ACORDOS:

As decisións do Xurado serán por maioría simple e inapelables.


ACTA DO FALLO

O Xurado levantará Acta do Fallo, deixando constancia das propostas premiadas e mencionadas, e o seu xuízo sobre estas. No caso de que algún membro o desexe, poderá facer constar a súa desconformidade e as razóns do seu voto.

Tras o fallo procederase á apertura dos sobres de identificación dos concursantes.


(C) 2005 - Quedan todos os dereitos reservados

Imprimir esta páxina