Concursantes

Poderán participar todos aqueles profesionais cuia actividade teña relación co obxecto do concurso, sendo imprescindible no seu caso que o gañador cumpra axeitadamente con todos os requisitos esixibles para o exercicio dunha actividade profesional, como condición necesaria para a súa contratación.


É imprescindible tanto no caso de persoas naturais como xurídicas, que teñan plena capacidade de obrar e adecuación da súa actividade ou finalidade ao obxecto do contrato. Non podendo participar aqueles que se atopen en situación de incompatibilidade profesional ou legal respecto do traballo obxecto do concurso.

Cada participante só poderá formar parte dun único equipo, ben sexa como titular ou como colaborador, e só poderá presentar unha proposta.

Admítese tamén a participación de agrupacións de empresas que adopten a forma de UTE (Unión Temporal de empresas).
Non poderán participar neste concurso os membros do xurado, os seus asociados, os seus familiares con parentesco de consanguinidade dentro do cuarto grao ou de afinidade dentro do segundo grao. Esta circunstancia deberá acreditarse, mediante declaración responsable, como paso previo á percepción do premio.

Ningún participante poderá establecer ningún tipo de relación profesional cos membros do xurado durante o período do concurso.


(C) 2005 - Quedan todos os dereitos reservados

Imprimir esta páxina