Eucalyptus. Aplicacións da madeira

O eucalipto branco supón un dos principais activos forestais de Galicia en cuanto a hectáreas de superficie que ocupa. A súa madeira é destinada en grande medida para chapa, taboleiros ou pasta de papel, polo que ten pouco valor engadido. Nembargantes, hai moitos exemplos ao longo da historia de aplicacións industriais desta madeira, tanto na seu país de orixe, Australia, coma despois da súa implantación en Galicia no século XIX.“Aplicacións da madeira de Eucalyptus” é unha publicación que recolle exemplos actuais das posibilidades que ten a madeira de eucalipto producida en Galicia. Son obras recentes elaboradas con este recurso forestal tan abundante e tan esquecido para estas prácticas industriais. Trátase de demostrar que o valor engadido desta madeira pode ser moito maior se estas posibilidades son máis xeneralizadas.


Descargas

Documento  Formato 
Eucalyptus. Aplicacións da madeira   PDF  

(C) 2005 - Quedan todos los derechos reservados

Imprimir esta página