ATLANWOOD

ACRÓNIMO DO PROXECTO: Atlanwood

TÍTULO DO PROXECTO:
Proxecto de Cooperación Técnica para o Desenvolvemento das Aplicacións do Pinus Pinaster.

ADECUACIÓN A:
Iniciativa Interreg III B, Prioridad A-2.

PAÍSES IMPLICADOS: España, Francia e Portugal.

PERÍODO DE EXECUCIÓN:
1 de Outubro de 2003 a 31 de Decembro de 2006.

PRESUPOSTO: 571.717,94 €

XEFE DE FILA:
Cluster da Madeira de Galicia (CMA).


SOCIOS

Fundación para o Fomento da Calidade Industrial e Desenvolvemento Tecnolóxico de Galicia (CIS Madeira).
Associaçao das Indústrias de Madeira e Mobiliário de Portugal (AIMMP).
Federation des Industries du Bois d'Aquitaine (FIBA).
Centre Tecnique du Bois et de l'ameublement (CTBA).

Este proxecto pretende realizar unha posta en común de coñecementos e experiencias acerca das tecnoloxías de transformación industrial da madeira de Pinus Pinaster, en 3 rexións (Galicia, Norte de Portugal e Aquitania) que comparten como principal rasgo común una importante proporción de superficie forestal, que se encontra en todos os casos maioritariamente ocupada polo Pinus Pinaster subespecie Atlántica.

O proxecto pretende promover un maior desenvolvemento da industria transformadora e o sector forestal vinculado á madeira de Pinus Pinaster, a través dunha labor de transferencia tecnolóxica que permita reducir déficits de competencia.


¿POR QUÉ ATLANWOOD?

1. O sector forestal xoga un papel estratéxico na ordenación do territorio das tres rexións consideradas neste proxecto, que contan cun gran potencial produtivo vinculado á transformación da madeira do Pinus Pinaster. O cal permitiría frenar a tendencia á despoblación e a migración a áreas más desenvolvidas industrialmente.

2. A madeira do Pinus Pinaster está asociada nalgúns mercados a unha mateira prima carente de calidade e con escasas posibilidades de xerar valor engadido. Esto é debido, nalgúns casos, á falta de calidade da madera en rolo, así como a deficiencias organizativas e técnicas. O que limita o desenvolvemento de aplicacións que permitan agregar maior valor engadido aos produtos básicos. Por esta razón, o desenvolvemento dunha cooperación de carácter internacional constitúe un factor extraordinariamente valioso para correxir déficits de competencia e reforzar a competitividade global do territorio afectado.


(C) 2005 - Quedan todos los derechos reservados

Imprimir esta página