En Galicia e Portugal, as plantacións de eucalipto branco Eucalytus globulus superan o millón de hectáreas e encóntranse na franca expansión, sendo a principal aplicación da súa madeira o suministro de fibra para a industria pastero.papelera.
Debido o seu espectacular crecemento, non sería esaxerado afirmar que, o desenvolvemento alcanzado polo eucalipto branco na Eurorrexión Galicia-Norte de Portugal non se deu en ningún outro lugar do mundo.
A pesar da enorme capacidade produtiva dos bosques da Eurorrexión , a cadea monte-industria, por diversos motivos presenta desequilibrios e un claro déficit de madeira de calidade para abastecer a industria transformadora.
Con estes antecedentes e dado que o eucalipto branco estase a convertir na principal especie forestal da Eurorexión por volume de cortas, parecía obrigado poñer en marcha un proxecto que estudase a posibilidade de diversificar os empregos da madeira de eucalipto en produtos de alto valor complementarios á pasta de celulosa.
Dende o punto de vista das aplicacións de elevado valor engadido, o eucalipto branco distínguese de outras especies de xénero por a súa elevada densidade e dureza, así como as súas excelentes propiedades mecánicas, a súa tonalidade clara e a súa facilidade para recibir acabados decorativos.
Varios proxectos de investigación desenvolvidos nos últimos anos, permitiron coñecer e solucionar os problemas que tradicionalmente limitan o aserrado, secado e encolado da madeira de eucalipto, posibilitando de esta forma o acceso da súa madeira a novas aplicacións no campo do mobiliario e carpintaría.
Outras tecnoloxías de proceso de taboleiros derivados da madeira ou chapa decorativa, demostran a aptitude da madeira de eucalipto branco para elaborar estes produtos e ocupar novos segmentos de mercado.
O Manual da Madeira de Eucalipto Branco, é o resultado dun proxecto de colaboración integrado na iniciativa Comunitaria Interreg II, que foi dirixido polo Centro de Innovación e Servizos Tecnolóxicos da Madeira (CIS Madeira)- dependente da Consellería de Industria e Comercio da Xunta de Galicia- e no que participaron as Consellerías de Economía e Facenda- a través da Dirección Xeral de Montes e Industrias Forestais-.
Contou ademais coa colaboración do Centro Tecnolóxico das Industrias de Madeira e Mobiliario de Portugal (CTIMM), la Associaçao das Industrias de Madeira e Mobiliario de Portugal (AIMMP), a Federación de Asociacións Empresariais de Carpintaría e Ebanistaría de Galicia (FECEG), a Federación Empresarial de Aserradores e Rematantes de Madeira de Galicia (FEARMAGA) e a Asociación de Investigación Técnica das Industrias da Madeira de corcho (AITIM).
Esta publicación nace coa intención de encher un gran baleiro de coñecemento sobre o eucalipto, demostrando a posibilidade de diversificar os produtos de alto valor elaborados coa súa madeira e cubrindo, ao mesmo tempo, un espazo bibliográfico na área da tecnoloxía da madeira.
