A iniciativa Interreg III-B “Espacio Atlántico” 2000 – 2006 do FEDER ten como obxectivo reforzar a cohesión económica e social no seo da Unión Europea. Para iso, establecéronse unha serie de medidas, agrupadas en 4 prioridades, tendentes a integrar e implementar estratexias conxuntas, que poidan ser desenvolvidas a través de accións de cooperación orientadas hacia o fortalecemento da competitividade económica no Espacio Atlántico, entre outros aspectos.
No presente proxecto adecúase á prioridade A (“Estruturación Policéntrica do Espacio e Desenvolvemento de Polos de Competencia”) e máis concretamente á medida A2 (“Promoción e Desenvolvemento de Polos de Competencia”). Esta adecuación queda claramente de manifesto considerando o obxectivo fundamental do proxecto, e as accións que se contemplaron na súa configuración.
Básicamente, este proxecto pretende realizar unha posta en común de coñecementos e experiencias acerca das tecnoloxías de transformación industrial da madeira de pino pinaster nas rexións de Galicia, Norte de Portugal e Aquitania. Estas rexións comparten como principal rasgo común unha importante proporción de superficie forestal, que se encontra en tódolos casos maioritariamente ocupada polo Pinus pinaster subespecie atlantica.
Co fin de ofrecer unha referencia, acerca da importancia que, desde o punto de vista económico, posee a transformación da madeira de Pinus pinaster , cabe reseñar que, tanto en Portugal como na rexión de Aquitania e en España (en Galicia concéntranse as tres cuartas partes da produción de madeira en rollo de esta Pinus pinaster , esta especie ocupa máis de 1 millón de hectáreas, producíndose conxuntamente ao redor de 16 millóns de metros cúbicos cada ano. En consecuencia, o pino pinaster constitúe a materia prima coa que se abastece a maior parte da industria da madeira nestas tres rexións.
As accións consideradas no proxecto pretenden lograr ampliar o impacto dos traballos de investigación e desenvolvementos realizados en torno a unha materia prima que, no ámbito europeo se concentra nas 3 rexións consideradas. O proxecto busca favorecer a promoción e o desenvolvemento dun polo de competencia de carácter estratéxico, que reforza a competitividade de tres rexións que asentan unha parte importante do seu potencial do seu desenvolvemento económico no fomento da actividade forestal e as actividades vinculadas á transformación da madeira.
Por último, cabe engadir que, tendo en conta a configuración do texido industrial, existe na área considerada, a integración de pequenas e medianas empresas neste proxecto de cooperación se ve moi favorecida.
