DESCRICIÓN DA ORGANIZACIÓN, ACTIVIDADES E FUNCIÓNS:
É un organismo público, ao servizo da industria da madeira de Galicia, que a través das súas actividades pretende contribuir a mellorar a posición competitiva das empresas, propiciando un aproveitamento óptimo do recurso forestal, e unha maior aplicación e calidad dos seus produtos derivados.
O Centro créase no ano 1996 como unha unidade dependente do Instituto Galego de Promoción Económica (IGAPE). En 1998 é transferido á Consellaría de Innovación, Industria e Comercio da Xunta de Galicia , enmarcándose dentro da Fundación para o Fomento da Calidade Industrial e o Desenvolvemento Tecnolóxico de Galicia .”
Os seus obxectivos son os seguintes:
- Elaboración e execución de proxectos de investigación básica e aplicada.
- Transferencia de tecnoloxía.
- Promoción e difusión do coñecemento sobre a utilización da madeira nas súas diversas aplicacións, especialmente no ámbito da construción.
- Impartir formación en áreas relacionadas coa tecnoloxía da madeira.
DESCRIPCIÓN DO SEU PAPEL NO PROXECTO:
Recopila información existente das tecnoloxías de transformación da madeira de Pinus Pinaster en España. Así mesmo, realizará a integración das aportacións de coñecementos dos socios de Portugal e Francia.
Paralelamente, realizará as seguintes tareas:
- Elaboración dun directorio de empresas.
- Elaboración dunha parte do material fotográfico.
- Tradución da publicación ao galego.
- Maquetación e deseño da publicación.
- Fotomecánica e deseño da publicación.
- Organización dun seminario divulgativo.
