AS ACCIÓNS DO PROXECTO ATLANWOOD CONCRÉTANSE EN:
- Acción 1: Recopilación e análisise de información técnica.
- Acción 2: Elaboración dun directorio de empresas.
- Acción 3: Elaboración de prototipos de produtos innovadores.
- Acción 4: Fotografía.
- Acción 5: Redacción do documento de síntesis.
- Acción 6: Revisión e corrección do documento de síntesis.
- Acción 7: Traducións.
- Acción 8: Maquetación e deseño da publicación.
- Acción 9: Impresión da publicación.
- Acción 10: Desenvolvemento dunha páxina web.
- Acción 11: Divulgación e difusión dos resultados do proxecto.
AS PRINCIPAIS ACCIÓNS NAS QUE SE CONCRETA O PROXECTO SON AS SEGUINTES:
• Desenvolvemento dun Manual de Aplicacións Industriais da Madeira de Pino Pinaster:
Trátase dunha publicación de carácter técnico que permitirá ofrecer información clara e concreta sobre as características da madeira e o “estado del arte” das principais tecnoloxías de transformación do Pinus pinaster . Esta publicación, que estará editada en 5 idiomas abordará os seguintes aspectos:
. O recurso forestal. Antecedentes históricos. Superficies arboladas. Tratamentos selvícolas.
. Propiedades da madeira. Caracterización físico-química da madeira. Propiedades mecánicas. Características morfolóxicas.
. Tecnoloxía do aserrado. Calidade da madeira en rolo. Criterios de clasificación. Análisise de tecnoloxías de aserrado. “Benchamarking tecnolóxico. Clasificación cualitativa da madeira aserrada.
. Protección preventiva. Revisión e contraste de información sobre durabilidade natural. Opcións de tratamentos protectores.
. Tratamentos decorativos. "Estado del arte" das técnicas de tratamentos aplicables.
. Novas tecnoloxías (madeira modificada, madeira termotratada).
. Aplicacións de produto (carpintaría, mobiliario, construción, envases e embalajes, elementos de exterior, etc.).
• Prototipos de Produtos:
Nesta sección recolleranse os prototipos de construcións e produtos de segunda transformación que emplean a madeira de Pinus pinaster .
• Fototeca:
O proxecto inclúe como un dos seus produtos máis innovadores a creación dunha fototeca relacionada co Pinus pinaster e especialmente coa súa industria de transformación.
Crearase polo tanto un banco de imáxenes clasificadas temáticamente, de forma que sexa un recurso máis dispoñible a todos aqueles interesados na industria de transformación da madeira de pino. Tamén supón o acceso á información, neste caso de carácter gráfico, o que supón unha importante aportación cualitativa.
• Seminarios:
O proxecto prevé a realización de 3 seminarios técnicos de divulgación. Celebraranse a finais do ano 2006 en Portugal, España e Francia. Serán o escaparate de presentación dos resultados do proxecto e permitirá difundilos entre a industria de transformación de cada rexión.
Con esta estratexia preténdese que o traballo que se desenvolva chegue directamente ao colectivo destinatario do mesmo: os industriais do sector de cada rexión.

