Publicacións
O Foro da Madeira pretende ser unha ferramenta para a promoción e difusión do coñecemento sobre a utilización da madeira nas súas diversas aplicacións, especialmente na construción.
Para este fin, xa hai publicadas dúas guías elaboradas polo persoal técnico do CIS Madeira en colaboración coa Consellería e Vivenda e Solo. Estas guías pretenden contribuír elevar a calidade arquitectónica de Galicia e a recuperación do patrimonio arquitectónico galego.