Patoloxía da Madeira Estrutural

Intoducción

A madeira é un material estrutural moi empregado na arquitectura popular galega. A súa presenza apréciase en forma de forxados e cubertas. Hoxe en día, a rehabilitación destes edificios nos cascos históricos de cidades e vilas galegas, adquire cada vez máis pulo. A auxe dos plans de rehabilitación de centros históricos afronta coma un dos seus grandes problemas, o estado da madeira nas construcións.

As condicións de abandono durante moitos anos e a exposición a elevadas humidades provoca que a madeira sexa atacada por diferentes patoloxías, aumentando a súa debilidade e fraxilidade coma elemento sustentador.

O CIS Madeira, en colaboración coa Consellería de Vivenda e Solo, vén de publicar unha guía chamada “Patoloxía da Madeira Estrutural”.Esta publicación ten a utilidade de responder a unha cada vez maior demanda de coñecemento sobre os ataques que os fungos ou os insectos realizan sobre a madeira de construcións antigas que se pretenden recuperar.

“Patoloxía da Madeira Estrutural” serve para identificar facilmente que tipo de ataque sufre a madeira (especies de fungos e insectos), cales son os danos e perigos que causan, métodos de avaliación dos danos realizados e cales son as posibles solucións e prevención para os mesmos.

Descargas

Documento  Formato 
Patoloxía da madeira estrutural  PDF [1.008 KB]  
Versión imprimible
Guías