|
Patoloxía da Madeira Estrutural A madeira é un material estrutural moi empregado na arquitectura popular galega. A súa presenza apréciase en forma de forxados e cubertas. Hoxe en día, a rehabilitación destes edificios nos cascos históricos de cidades e vilas galegas, adquire cada vez máis pulo. A auxe dos plans de rehabilitación de centros históricos afronta coma un dos seus grandes problemas, o estado da madeira nas construcións.
|
|
|
Guia da Madeira Estrutural Esta é unha publicación editada polo CIS Madeira en colaboración coa Consellería de Vivenda e Solo. A Guía da Madeira Estrutural forma parte do obxectivo do Foro da Madeira de mellorar a capacitación técnica arredor da madeira coma material de calidade.
|
|
|