Construcción en Madeira 08

Introducción

Un grave problema para o emprego da madeira coma material construtivo reside no gran descoñecemento que hai sobre as súas propiedades. Coa finalidade de promocionar o seu uso na construción, o 23 de outubro levouse a cabo en Santiago de Compostela o Curso de Construción en Madeira 2008. Estivo organizado pola Consellería de Vivenda e Solo en colaboración co CIS Madeira e esta foi a súa segunda edición.

As propiedades singulares da madeira son por unha banda mecánicas e pola outra ecolóxicas. As mecánicas (resistencia, flexión, etc.) demostran que estamos ante un material moi competitivo para o uso estrutural. As ecolóxicas (renovable, fixador de CO2, etc.) confirman a súa eficiencia enerxética coma material sustentable.

O curso contou con dúas partes ben diferenciadas, sempre no ámbito das propiedades mecáica da madeira. A primeira parte do mesmo, os días 23 e 24 de Outubro, abrangiu aspectos relativos ao cálculo de estruturas. Os técnicos poden así ter as ferramentas necesarias para poder resolver o dimensionamento óptimo nunha estrutura con madeira. Sempre adaptándose á normativa vixente do Código Técnico de Edificación.

A segunda parte do curso tratou sobre inspección e intervención en edificios antigos con estrutura de madeira. Os días 27 e 28 de novembro abordáronse estes temas tan importantes para unha correcta rehabilitación de vivendas antigas.


Descargas

Cálculo de estruturas  
Técnicas de inspección e intervención en edificios antigos con estrutura de madeira 

Galería de imaxes


(C) 2006 - Quedan todos los derechos reservados

Imprimir esta página