Inicio

A unión de axentes públicos e privados na defensa do emprego da madeira coma material construtivo ten coma institución vertebradora ao CIS Madeira. Este espacio web pretende ser un xeito doado de achegar ao público as publicacións feitas para tal fin e a documentación dos cursos organizados para fomentar o uso da madeira na construción.

O Foro da Madeira é o artífice desta páxina, que ofrece unha visión completa sobre toda a información elaborada polo CIS Madeira no ámbito da construción. Aquí están a “Guía da madeira estrutural” e “Patoloxías da madeira estrutural”, obras que tratan tanto da madeira nova posta en obra como da recuperación de madeira antiga, respectivamente. A documentación dos Cursos de construción en madeira ofrece un amplo abano de información técnica sobre usos e posibilidades a madeira á hora de construír.

O Foro da Madeira é a entidade que xorde dos intereses comúns da Consellería de Innovación e Industria, a Consellería de Medio Rural, a Consellería de Vivenda e Solo, o Clúster da Madeira, Fearmaga, a Asociación Galega Monte-Industria e a Federación de carpinteiros e ebanistas de Galicia.

A posta en marcha dunha cultura da madeira que impere en Galicia é a premisa fundamental desta iniciativa. A colaboración entre institucións e empresas ten coma obxectivo que o sector se implique máis na innovación, o fomento do emprego da madeira en todos os aspectos da construción, a sensibilización ante esa nova cultura da madeira mediante concursos e a edición de publicacións específicas que recollan exemplos de obras realizadas con madeira en Galicia.

Esta páxina é unha parte máis do Foro da Madeira, e coma tal, trata de achegar aos usuarios do xeito máis funcional posible ferramentas que sirvan para unha mair e mellor implantación da cultura da madeira en Galicia.

Versión imprimible