Versión de texto
Relatorios Conclusións Exposición Dosiers de Prensa
Inicio Conclusións

Conclusións




Conclusións

MESA DA MADEIRA (23 de maio de 2008)

No marco das I Xornadas Internacionais sobre o Castiñeiro, reuníronse representantes de diversos sectores de toda a cadea monte–industria no Centro de Innovación e Servizos Tecnolóxicos da Madeira co obxectivo de resumir os principais problemas existentes para o aproveitamento madeireiro do castiñeiro e propor actuacións a curto e medio prazo que permitan rendibilizar e optimizar o uso da mesma.
Os asistentes á mesa foron: Innmaculada López Muñoz, Presidenta da Asociación de Viveiros Forestais de Galicia, Beatriz Cuenca Valera responsable do Centro de Mellora Agroforestal de Tragsa en Maceda, Juan Majada e Vanesa Baño do SERIDA de Asturias, Juan Ignacio Fernández Golfín e Victoria Baonza do Departamento de Productos Forestais e Laboratorios de Madeiras do INIA de Madrid, Ana Orons representante da Federación de Rematantes e serradoiros de Galicia, Iglesias Neiro e Nicolás Cubeiro como representantes de empresas de segunda transformación, José Luis Chan Subdirector Xeral de Recursos Forestais e Alfredo Fernández Ríos como representantes da Consellería de Medio Rural, Fulvio Giudici experto en Silvicultura de castiñeiro para produción madeireira en Suíza, Michele Brunnetti responsable do grupo de traballo da calidade estrutural e redacción de normas estruturais do castiñeiro en Italia, Esther Merlo Sánchez investigador Parga Pondal do Centro de Innovación e Servizos Tecnolóxicos da Madeira y Xosé Franciso Pedras Saavedra Director do Centro de Innovación e Servizos Tecnolóxicos da Madeira e moderador da mesa.
Inicialmente o moderador procedeu á lectura dunhas conclusións que resumían o estado da arte da especie en Galicia para pasar seguidamente a un debate no que participaron os representantes dos distintos sectores aportando a súa opinión sobre o estado actual e propoñendo distintas liñas de actuación. Trala redacción das conclusións, os representantes de la Consellería mostraron o interese de apoiar ditas liñas de traballo.
Resúmense a continuación as conclusións da situación actual do castiñeiro para produción de madeira así como as medidas de actuación propostas para optimizar o sector.

Propostas de acción para a madeira de castiñeiro

Os problemas que presenta este material son sobre todo consecuencia do abandono e dunha desidia silvícola. Non hai madeira de calidade pola falta de xestión axeitada dos montes, nos que os soutos fican case esquecidos. O abaratamento do prezo desta madeira viría asociado co aumento de árbores das que se poida facer un aproveitamento máis eficiente. Cuns tratamentos e coidados fundamentais, e unha mellora xenética, evitaríanse os atrancos que impiden obter unha madeira que poida ser traballada en grandes pezas que faciliten usos estruturais e industriais. Para estes usos tamén cómpre establecer unha normativa, un estándar para clasificar a madeira de castiñeiro e que esta cumpra así os requirimentos do novo código técnico da edificación.

As actuacións a seguir que se propoñen parten de promover accións silvícolas e de xestión dos soutos máis funcionais e eficientes.

Versión imprimible