COMPOSICIÓN:
Presidentes
- Directora Xeral de Fomento e Calidade da Vivienda ou persoa en quen delegue.
- Director Xeral de Investigación, Desenvolvemento e Innovación ou persoa en quen delegue.
- Director Xeral de Montes e Industrias Forestais ou persoa en quen delegue.
- Un representante do sector privado do Foro ou persoa en quen delegue.
Vogais
- Un arquitecto designado pola Consellería de Vivenda e Solo da Xunta de Galicia.
- Un arquitecto designado en representación da Consellería de Innovación e Industria da Xunta de Galicia.
- Un técnico designado pola Consellería de Medio Rural da Xunta de Galicia.
- Un deseñador de renome invitado polo sector privado do foro da madeira.
- Director do CIS-MADEIRA ou persoa en quen delegue.
- Un arquitecto en representación do COAG.
- Un arquitecto en representación da FEGAM.
- Un arquitecto designado polos concursantes.
Secretario (con voz pero sen voto)
- Un representante do CIS-Madeira
O xurado está validamente constituído cando asistan o presidente, o secretario e polo menos a metade dos vogais.
FUNCIÓNS:
O Xurado procederá á análise de toda a documentación referente ao tema do concurso, a cal quedará permanentemente á súa disposición. Posteriormente comezará a análise das propostas. No caso de que se solicitasen os asesoramentos que se cresen oportunos, chegaranse Actas de Informes.
CONSTITUCIÓN DE ACORDOS:
As decisións do Xurado serán por maioría simple e inapelables.
ACTA DO FALLO
O Xurado levantará Acta do Fallo, deixando constancia das propostas premiadas e mencionadas, e o seu xuízo sobre estas. No caso de que algún membro o desexe, poderá facer constar a súa desconformidade e as razóns do seu voto.
Tras o fallo procederase á apertura dos sobres de identificación dos concursantes.