A propiedade intelectual dos traballos presentados pertence aos autores, cedendo á entidade convocante unicamente os dereitos de explotación correspondentes á exhibición e publicación das súas propostas, conforme á lexislación sobre propiedade intelectual e á normativa que rexe o exercicio da profesión.

A propiedade material da documentación relativa a cada proposta pertencerá á entidade convocante.

Por outra banda, os concursantes que resulten premiados consentirán que a entidade convocante, a colaboradora ou as institucións patrocinadoras presente o traballo seleccionado ao Concurso de Boas Prácticas convocado polo Ministerio de Vivenda.