PANEIS
Os proxectos deberán ser presentados mediante documentación fotográfica, presentados en paneis en cartón pluma con formato A1. Presentarán como máximo tres paneis por proxecto. Non se aceptarán maquetas. Os paneis deben incluír os seguintes datos:
- Título, situación, planos, croques ou esquema de planta, alzado e sección no seu caso, que permitan dar unha somera idea do proxecto presentado. Cada proxecto deberá ir numerado.
- Indicar en lugar visible do panel os elementos en madeira utilizados, o seu acabado, espesor, así como ónde se utilizou e de qué maneira.
- Breve descrición do proxecto, identificando o resto dos materiais si os tivera, acabados, superficies, espesores e/ou volumes empregados.
- No ángulo inferior dereito de cada un dos paneis, figurará un lema ou título que identifique o proxecto.
DOCUMENTACIÓN EN CD
ademais dos paneis, e incluído noutro sobre diferente, achegarase un CD que conterá os paneis en arquivos independentes coas seguintes características: formato .PDF, tamaño A-4, capas acopladas e unha resolución máxima de 1200 d.p.i. Así mesmo incluirase a Memoria en formato .DOC.
Estes arquivos empregaranse por un lado para posibles publicacións e por outro para compilar un CD que conteña todas as propostas.
SOBRE DE IDENTIFICACIÓN
No interior do sobre pechado incluirase, en formato A-4, a ficha de identificación do concursante (anexo II) cos seguintes datos:
- Nome do concursante ou, no seu caso, do representante do equipo.
- Nome do resto de compoñentes do equipo.
- Número de colexiado e Colexio do representante do equipo en caso de ser arquitecto
- Lema elixido polo concursante ou equipo, situado na esquina superior esquerda.