PANEIS
Presentarase un só cartón pluma formato DIN-A3, con explicación do proxecto, debuxos, imaxes dixitais ou fotos da proposta de deseño.
MAQUETA
Presentarase unha maqueta do deseño
DOCUMENTACIÓN IMPRESA
Memoria explicativa en formato papel, coa descrición do proxecto, planos e indicacións que permitan a definición do proxecto deseñado.
DOCUMENTACIÓN EN CD
Ademais do panel, maqueta e memoria en papel, noutro sobre diferente, achegarase un CD que conterá a reprodución do panel nun arquivo .jpg. O arquivo nomearase co lema e procurarase que teña un tamaño razoable (non maior de 5MB cada un), cunha resolución contida (máx. recomendado, 300 dpi).
Estes arquivos empregaranse por un lado para posibles publicacións e por outro para compilar un CD que conteña todas as propostas.
SOBRE DE IDENTIFICACIÓN
Achegarase nun sobre a parte a identificación de acordo co anexo II das bases, que entregaráse pechado e identificado no exterior mediante o lema elixido polo concursante e a modalidade do concurso ao que se presenta, ademais conterá a identificación e datos de contacto do equipo redactor da proposta, tanto de autores coma de colaboradores.
NON PODERÁ FIGURAR EN NINGÚN DOCUMENTO ESCRITO OU GRÁFICO QUE PERMITA IDENTIFICAR AOS MEMBROS DO EQUIPO REDACTOR, DISTINTO DO LEMA (3 LETRAS E 2 DÍXITOS) BAIXO O QUE SE PRESENTA.