PANEIS
Presentarase ata un máximo de 3 paneis tamaño DIN-A1 (594 x 840 mm) montado en taboleiro lixeiro de cartón pluma. Nos paneis incluirase tanto a documentación gráfica como a Memoria da Proposta.
Incluirá como mínimo:
- Plantas, seccións, alzados e perspectivas necesarias para o correcto entendemento da proposta.
- Memoria descritiva.Detalles construtivos, coas especificacións técnicas correspondentes.
Ademáis
- A escala e a técnica a empregar serán libres. Non se admitirán maquetas, aínda que si fotos destas.
- A Memoria explicativa e xustificativa da proposta conterá cadro de superficies útiles e construídas pormenorizado, características construtivas xerais, así como avance xustificado do presuposto de execución material das obras. Os paneis, en formato A-1, serán ríxidos, planos e resistentes. O desenvolvemento farase en vertical e irán numerados. O lema elixido irá situado na parte superior esquerda de cada panel.
DOSSIER
O contido do dossier en formato A-3 coincidirá coa información contida nos paneis, tanto de Documentación Gráfica coma de Memoria. Toda a información gráfica irá acompañada da correspondente escala gráfica.
O lema elixido polos concursantes haberá de figurar na parte superior esquerda de cada unha das páxinas.
DOCUMENTACIÓN EN CD
Ademais dos paneis, e incluído noutro sobre diferente, achegarase un CD que conterá os paneis en arquivos independentes coas seguintes características: formato .PDF, tamaño A-4, capas acopladas e unha resolución máxima de 1200 d.p.i. Así mesmo incluirase a Memoria en formato .DOC.
Estes arquivos empregaranse por un lado para posibles publicacións e por outro para compilar un CD que conteña todas as propostas.
SOBRE DE IDENTIFICACIÓN
No interior do sobre pechado incluirase, en formato A-4, a ficha de identificación do concursante (anexo II) cos seguintes datos:
- Nome do concursante ou, no seu caso, do representante do equipo.
- Nome do resto de compoñentes do equipo.
- Número de colexiado e Colexio do representante do equipo en caso de ser arquitecto
- Lema elixido polo concursante ou equipo, situado na esquina superior esquerda.
No exterior do sobre aparecerá, no ángulo superior esquerdo, o lema da proposta como única identificación e a referencia “MÓDULO VIVENDA”. No caso de que o concursante desexe permanecer no anonimato, unha vez producido o fallo, fará constar o seu desexo baixo o lema. As propostas premiadas ou mencionadas non poderán permanecer anónimas.