Para a selección dun anteproxecto de prototipo de nave agrogandeira e/ou forestal experimental, con utilización da madeira en elementos estruturais e compoñentes construtivos e que permitan a sua optimización producida en serie, aproveitando as súas vantaxes de lixeireza, traballabilidad, resistencia e autoconstrución, con posibilidade de crecemento e adecuación as necesidades funcionais.

Os traballos definirán solucións modulares para construcións adicadas á actividade agrícola, gandeira e/ou forestal, incuíndo as destinadas á produción, almacéns, puntos de encontro das brigadas de incendios, casetas de vixiancia, etc., debendo detallar as instalacións necesarias para o seu correcto funcionamento.

Tódalas propostas (independentemente da súa natureza) xustificarán as esixencias mínimas en canto ás edificacións contidas na Lei 9/2002, de Ordenación urbanística e protección do medio rural de Galicia.

Os anteproxectos que desenvolvan solucións para construcións adicadas á gandeiría, terán en conta as indicacións da normativa aplicable no eido do benestar animal.

Bases da convocatoria