Poderán concursar nestes premios os edificios rehabilitados ou reconstruídos existentes na Comunidade Autónoma de Galicia nos que a madeira xogase un papel predominante ou característico.

Deberán ser proxectos xa executados e finalizados de edificacións de uso residencial, institucional, comercial, industrial ou outros.

Concursantes

Poderán presentarse todos os proxectos de rehabilitación ou reconstrución executados e finalizados, ben polo arquitecto/s autor/es do proxecto ou por terceira persoa co consentimento por escrito do arquitecto/s autor/es do proxecto. Cando existan varios arquitectos autores do proxecto deberán presentarse conxuntamente ou por un deles co consentimento dos demais.

Bases da convocatoria