Para a selección dunha serie de elementos deseñados en madeira que permitan a súa futura integración na urbanización integral de espazos libres de uso público (parques, xardíns, prazas, pequenos espazos urbans e rurais,…), que teñan relevancia polo seu deseño, e tódolos elementos constitutivos do espazo público (mobiliario, quioscos, paradas de transporte público, medianeiras, muros,...)

Valoraranse positivamente os traballos que favorezan a innovación estética, as posibilidades funcionais e a facilidade de uso e mantemento.

En canto ao deseño dos mobiliario espazos públicos estes serán de libre elección, tanto en tamaño como en número de elementos construtivos a deseñar.

Bases da convocatoria

Concursantes

Poderán presentarse todos aqueles profesionais cuia actividade teña relación co obxecto do concurso, que non posúan ningunha causa de incompatibilidade para cumprir co obxecto do contrato.

É imprescindible tanto no caso de persoas naturais como xurídicas, que teñan plena capacidade de obrar e adecuación da súa actividade ou finalidade ao obxecto do contrato. Non podendo participar aqueles que se atopen en situación de incompatibilidade profesional ou legal respecto do traballo obxecto do concurso.

Cada participante só poderá formar parte dun único equipo, ben sexa como titular ou como colaborador, e só poderá presentar unha proposta.

Admítese tamén a participación de agrupacións de empresas que adopten a forma de UTE (Unión Temporal de empresas).
Non poderán participar neste concurso os membros do xurado, os seus asociados, os seus familiares con parentesco de consanguinidade dentro do cuarto grao ou de afinidade dentro do segundo grao. Esta circunstancia deberá acreditarse, mediante declaración responsable, como paso previo á percepción do premio.

Ningún participante poderá establecer ningún tipo de relación profesional cos membros do xurado durante o período do concurso.