En canto á selección do Prototipo de Vivenda unifamiliar, a continuación indícanse as DEPENDENCIAS NECESARIAS, sen estimación concreta de superficie:

OPCIÓN 1:  OPCIÓN 2 (FAMILIA NUMEROSA) 
- cociña  - cociña 
- salón  - salón 
- baño  - 2 baños 
- 2 dormitorios  - 3 dormitorios 
- área de lavado  - área de lavado 
- rocho  - rocho 
- garaxe  - garaxe 
- espazos de almacenaxe  - espazos de almacenaxe 

Sen entrar a detallar as superficies de cada estanza, trataríase dun vivenda unifamiliar formada por un máximo de 5 integrantes con fillos de ambos os dous sexos, cun límite aproximado total duns 45 - 120 m2 útiles de programa especifico da vivenda. Debendo terse en conta o cumprimento das Normas do habitat galego (NHG), así como demais normativas de obrigado cumprimento