A data límite para a presentación de propostas será o 31 de outubro de 2008

A documentación poderase entregar:

En man: no Cis Madeira, Parque Tecnolóxico de Galicia - 32901 San Cibrao das Viñas – Ourense. Teléfono: 988368152

Por Correo ou mensaxería: nun sobre opaco e pechado que remitirase á dirección do Cis Madeira, Parque Tecnolóxico de Galicia - 32901 San Cibrao das Viñas – Ourense. Cando a inscrición se remita por correo deberá xustificarse a data de imposición do envío na oficina de correos e anunciar o envio o Cis Madeira antes das 14 horas do 31 de outubro mediante fax: +34 988368153.

No devandito fax deberá figurar unicamente “CONCURSO DE ANTEPROXECTOS DE VIVENDA EXPERIMENTAL EN MADEIRA, CONCURSO DE DISEÑO DE ELEMENTOS DE MOBILIARIO ESPACIOS PÚBLICOS, CONCURSO DE DESEÑO DE MODULO UNIDADES DOTACIONAIS EN MADEIRA E PREMIO PARA A REHABILITACIÓN E A RECONSTRUCIÓN EN MADEIRA” coa indicación do lema e da categoría do concurso ao que se presenta. Se no devandito fax figurase algún dato que puidese romper o anonimato, serán excluídos.

En todo caso, se a Secretaria do concurso non recibise a documentación remitida por correo e anunciada por fax antes do día 10 de novembro, esta será rexeitada por extemporánea.

Finalizado este prazo, o secretario do Concurso levantará a acta de recepción en que se consignará o número de traballos recibidos e os seus lemas.