Ata o 14 de setembro poderanse realizar consultas, sempre a través de correo electrónico. Remitirase a cada un dos concursantes admitidos, exclusivamente mediante correo electrónico, relación completa e anónima das consultas e aclaracións realizadas. Esta mesma información será publicada simultaneamente na páxina web do concurso. As referidas consultas serán analizadas e contestadas pola Secretaría do concurso, que poderá solicitar canto asesoramento técnico considere oportuno.

A lista de preguntas e respostas, xunto coas bases completas, será facilitada no momento da súa constitución ao xurado do concurso. As consideracións que se deriven destas consultas terán carácter de obrigado cumprimento para o convocante.