A documentación completa do concurso atópase nesta páxina web e na do CIS-Madeira dende o momento do seu lanzamento e poderá ser consultada libremente por calquera interesado, aínda cando non formalizara a súa inscrición.
En caso de ter dificultades para descargar a documentación da web, os inscritos poderán solicitar a Secretaría do concurso un CD co mesmo contido que o colgado na web, que terá saída no prazo de cinco días dende a recepción da petición realizada por correo electrónico e á dirección postal indicada neste.
Descarga das bases da convocatoria
Bases en formato Word [501 KB] |
Bases en formato PDF [100 KB] |
Réxime Xurídico
As presentes bases teñen carácter de norma rexéndose os seus efectos polo disposto nas súas cláusulas e, no seu defecto, polas normas de dereito civil e mercantil vixentes en materia de contratación.
Todos os concursantes presentarán a súa documentación, así como todo tipo de correspondencia escrita que establezan coa Secretaria do Concurso en relación ao presente concurso, en lingua galega ou en castelán.