Os traballos presentaranse baixo lema, que deberá figurar en todos os documentos, de tal maneira que estes sexan examinados polo Xurado baixo anonimato. Achegarase aos documentos un sobre pechado co lema no seu exterior, o cal conterá un escrito cos datos dos concursantes.

No exterior do sobre indicarase tamén, de forma clara, se, no caso de non resultar premiado, o concursante prefire permanecer no anonimato tanto na exposición pública dos traballos presentados coma na súa posible publicación en papel ou web.

O material recibido será desempaquetado e preparado para o seu exame por persoas alleas ao Xurado, que coidarán de que non se rompa o anonimato das propostas, facendo desaparecer toda referencia ao remitente que puidese haber nos envoltorios dos paquetes ou nos albarás de envío.
Non poderá figurar en ningún documento escrito nin gráfico referencia que permita identificar os membros do equipo redactor, distinto do LEMA (3 letras e 2 díxitos) baixo o que se presenta.